Mostrando tódolos 4 resultados

  • Á sombra da cinza

    Autor Fidel Vidal

    Sinopse:

    O escritor e psiquiatra Fidel Videl, elabora un ensaio sobre diversas patoloxías, doenzas ou mesmo etapas vitais, tomando como referencia a obra poética de Xulio López Valcárcel. Libro moi interesante para aquelas persoas que teñan curiosidade pola psicoloxía e tamén pola literatura, en particular por adentrarse no pensamento poético.

    ISBN: 978-84-120579-0-4

    Colección: Ensaio

    Ilustracións: cor

    126 páxinas

    Editorial: MEDULIA EDITORIAL

    Tipoloxía: Persoas adultas

    Xénero: Narrativa

    PVP: 15’60 euros

    Leer máis
  • ADEUS CHUPETE

    Autora Alba Mato

    Sinopse:

    Conto ilustrado pola propia autora -que estuda para ser mestra de escola infantil- que pretende ser unha boa axuda para que os máis pequenos se animen a deixar o chupete. En edición bilingüe galego-castelán, é un libro moi didáctico e práctico, óptimo para ler en familia e que as crianzas aprendan valores como a responsabilidade, o traballo en equipo e as vantaxas de compartir.

    ISBN: 978-84-120579-3-5

    Colección: Troquel

    Ilustracións: cor

    20 páxinas

    Tipoloxía: Infantil/Xuvenil

    Xénero: Álbum/Libro ilustrado

    8,32 €

    Leer máis
  • Cartas ao Cholo

    A lectura destas crónicas constitúe un recordatorio eficaz para coñecermos, desde dentro, o fervor daqueles anos fundamentais, as esperanzas e as dificultades derivadas da inercia secular e de intereres non sempre limpos,  no arduo  proceso de configurar unha Galicia moderna e sen complexos. A maioría dos feitos  reciben de Alcalá un enxuizamento positivo, o mesmo cos múltiples personaxes referenciados, destacando para ben  a figura de Manuel Fraga e para mal a de Francisco Vázquez. Con todo, a crítica e a denuncia mantéñense en termos de prudencia e ecuanimidade. En definitiva, máis que un xénero epistolar ou un diario ao uso as  Cartas ao Cholo eríxense nun  verdadeiro tratado sobre a  historia  recente de Galicia.

    224 páxinas.

    Tipoloxía: Persoas adultas

    Xénero: Narrativa

    19,90 €

    Leer máis
  • Dialética

    Autor/a Daniel Barral

    Sinopse

    Con esta obra o escritor vigués foi galardoado co Premio de Poesía O Facho, un dos certames literarios con máis tradición e recoñecemento en Galicia. Malia que se trata do primeiro libro do autor, a solvencia e a lucidez dos textos denotan unha madurez reflexiva que se transluce en todo o libro. A paixón amorosa e a fugacidade da beleza, son o fío conductor do poemario.

    ISBN 978-84-948102-4-4

    Colección: Poesía

    68 páxinas

    Tipoloxía: Persoas adultas

    Xénero: Poesía

    12,48 €

    Leer máis