MEDULIA EDITORIAL

MEDULIA, editorial galega, privada e independente, ofrece unha asistencia integral, tanto literaria como xurídica, a calquera autor/a que lle confíe o seu manuscrito desde o momento da entrega ata a publicación. E despois de publicado, continúa apoiando o seu desenvolvemento e promoción, sempre no propósito de dotar a cada obra da maior visibilidade e transcendencia.

Se desexa contactar con nós ou facer un pedido de calquera dos libros do noso catálogo, mándenos un mail e remitirémosllo ó seu enderezo, sen gastos de envío.

PREMIO DE POESÍA EDUARDO PONDAL

No afán de estimular e apoiar a creación literaria na nosa lingua, Medulia convoca anualmente o PREMIO DE POESÍA EDUARDO PONDAL. Bótalle un ollo ás bases: bases premio pondal