Título: A Terra do Eo-Navia. A galeguidade en Asturias
Autor: MIRAGAIA, MANUEL
Medulia Editorial S.L.
ISBN: 978-84-10324-24-4
Formato: Rústica
Detalle Formato: Con lapelas
Características: Alto: 230 mm. Ancho: 150 mm. Groso: 200 mm. Peso: 200 gr.
Núm. páxinas: 224
Colección: ENSAIO
Número: 26
Idioma de publicación: Galego
Número de edición: 1
Data de edición: 30/07/2024
Prezo: 19,90 euros
Prezo sen IVE: 19,13 EUR IVE: 4,0
Resumo: Queremos con este libro mellorar o coñecemento desta querida, fermosa e secular terra asturiana do Eo-Navia, un territorio que conta cunha riquísima cultura, variadas tradicións e un considerábel patrimonio material e inmaterial, sendo para destacar especialmente deste último a súa fala ou variante lingüística comarcal da grande lingua galego-portuguesa, e que é merecedora da máxima protección e desenvolvemento.
Para a elaboración deste libro contamos cunha ampla bibliografía, con informacións obtidas de moitas outras fontes e coas experiencias vividas nas viaxes e estadías feitas ao longo dos anos. Cremos que neste conxunto se reúnen informacións e datos xeográficos, históricos, lingüísticos, culturais, patrimoniais, etnográficos, socioeconómicos, gastronómicos e dos seus grandes homes e mulleres que poden contribuír a que os eonaviegos coñezan mellor e valoren máis a súa Terra mesopotámica e a que os galegos viaxen e se relacionanen máis con ela.
Ofrecemos tamén, como complemento e ilustración do texto, unha ampla e significativa selección de fotografías sobre a Comarca do Eo-Navia.