BAIXO O SIGNO DE EROS
Autor: Xulio López Valcárcel
15 por 23 cm., con lapelas, 306 páxinas. Ilustracións de Ángela Gavilán
PVP 19’90 EUROS
ISBN: 978-84-122253-7-2
As páxinas que seguen amosan os acertos, erros, grandezas e miserias duns personaxes esperanzados e entusiastas que se abriron ao amor cando todo era promesa pura, horizonte aberto. Quedaban anos e anos. O mundo descubríase cada día e cada día renovábase a oportunidade de saber, de vivir, de gozar. Porén, o vendaval da existencia quebrou en anacos todo o que con esforzo, solicitude e tenrura foron construíndo. Nada puido o amor fronte ao imperio do tempo e da morte. Era, pois, preciso recuperar un tempo e uns soños. Se desapareceron os amantes, non desapareceu o amor, que perdura, mesmo sen eles, como obra e memoria súa.
Todo o que aquí se conta foi transcrito, comentado ou confesado polos propios protagonistas. O noso labor limitouse a revivilo como quen salva do esquecemento, con indulxente devoción, unha páxina fermosa do pasado.