A lectura destas crónicas constitúe un recordatorio eficaz para coñecermos, desde dentro, o fervor daqueles anos fundamentais, as esperanzas e as dificultades derivadas da inercia secular e de intereres non sempre limpos, no arduo proceso de configurar unha Galicia moderna e sen complexos. A maioría dos feitos reciben de Alcalá un enxuizamento positivo, o mesmo cos múltiples personaxes referenciados, destacando para ben a figura de Manuel Fraga e para mal a de Francisco Vázquez. Con todo, a crítica e a denuncia mantéñense en termos de prudencia e ecuanimidade. En definitiva, máis que un xénero epistolar ou un diario ao uso as Cartas ao Cholo eríxense nun verdadeiro tratado sobre a historia recente de Galicia.
224 páxinas.
Tipoloxía: Persoas adultas
Xénero: Narrativa
19,90 €