Título: A VOZ DO INVISÍBEL
ISBN: 978-84-125532-5-3
Editorial: Medulia Editorial S.L.
Autor: GARCIA GARCIA, JAVIER
Formato do produto: Rústica
Detalle Formato: Con lapelas. Fotografías interiores a toda cor.
Características: Alto: 210 mm. Ancho: 140 mm. Groso: 75 mm. Peso: 100 gr.
Núm. páxinas: 56
Nome da colección: POESIA, nº 62
Idioma de publicación: Galego
Número de edición: 1
Data de edición: 19/05/2022
Prezo: 14.90 euros
Prezo sen IVE: 14,33 EUR IVE: 4,0
Resumo: “Esta recompilación de versos, sílabas, verbas, paisaxes, obxectos, seres e vivencias nace da necesidade de darlle saída a canta vida levo dentro axudando a romper o escudo, a armadura e a estética onde me refuxio para non mostrala.
É a literatura, se é que a isto se lle pode chamar así, unha das poucas realidades capaz de demostrar que o silencio ten voz, que os medos son valentes e que a dozura non está unicamente no goce do doce.
Neste devagar tan fermoso xorden tantas preguntas que tan só miradas diversas son capaces de deterse para darlle presencia a tanto ser desapercibido e así respondelas. Silencios representados nas pedras, na area, nas árbores, nos camiños percorridos, na foto da miña vida como ser que garda en maletas un xeito de pensar, sentir e vivir.
É nesta historia que vos conto, a través de haikus e tankas, a verdadeira vida de tantos relatos que ninguén se para a escoitar.”