• Medulia Editorial
  • 881 300 782
  • info@meduliaeditorial.es
logo_translogo_translogo_translogo_trans
  • Catálogo
  • Sobre nós
  • Relación dos servizos
  • Contacto
  • Aviso Legal
  • Política de privacidade
  • Medulia
CANDO A CHOIVA XA NON MOLLA
Abril 19, 2022
ROMANCE DE DON DINÍS E DONA HELENA
Maio 15, 2022

DEVOTOS DO DESTINO

14,90€

AINHOA CONDE

Categoría: Poesia
  • Descripción

Título: DEVOTOS DO DESTINO

ISBN: 978-84-125253-9-7

Editorial: Medulia Editorial S.L.

Autora: CONDE, AINHOA

Formato do produto: Rústica

Detalle Formato: Con lapelas. Fotografías interiores a toda cor.

Características: Alto: 210 mm.   Ancho: 140 mm.   Groso: 75 mm.   Peso: 200 gr. 

Núm. páxinas: 122 

Nome da colección: POESIA, nº 58

Idioma de publicación: Galego

Número de edición: 1

Data de edición: 21/04/2022

Prezo: 14.90 euros

Prezo sen IVE: 14,33 EUR IVE: 4,0

Resumo: Devotos do Destino representa unha amalgama de narrativa lírica, música, navegación, metafísica, reflexión interna e sentimentos por Galicia e mailo océano, cun ritmo áxil coma a viaxe dunhas ondas cara á praia, e profundidade coma o intervalo entre mareas.

Os fragmentos, baseados practicamente na súa totalidade, en vivencias persoais da autora, reflicten 66 historias de amor e desalento, loita, sacrificio, ledicia e morriña. Preséntanse en forma de cancións que marcaron a traxectoria da escritora dende o ano 2017 ata a actualidade, adoptando a disposición dunha melodía infinita que compón a banda sonora do seu andar.

Esta escolma de lectura fresca e renovada incorpora meditacións, inquedanzas e sentimentos que se pronuncian en voz alta en apenas uns minutos, pero que emocionan toda unha vida.

Porque hai versos que se deben de vivir, é momento de mergullarse nun labirinto de palabras no que cada lector poderá verse reflexado, sempre e cando admita na súa pel ser un Devoto do Destino.  

 

Sobre nós

 

Contacte con nós


881 300 782

Rúa Menéndez Pidal 4 baixo 15007 A Coruña

info@meduliaeditorial.es

Información 

Aviso legal 

Política de privacidade

Medulia Editorial
Empregamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario na nosa web. Se segues utilizando este sitio asumiremos que estás de acordo.Vale