• Medulia Editorial
  • 881 300 782
  • info@meduliaeditorial.es
logo_translogo_translogo_translogo_trans
  • Catálogo
  • Sobre nós
  • Relación dos servizos
  • Contacto
  • Aviso Legal
  • Política de privacidade
  • Medulia
MIGRATORIA
Abril 30, 2021
BAIXO O SIGNO DE EROS
Abril 30, 2021

FISTERRAS ATLÁNTICAS/FINISTERRES ATLÁNTICOS/ATLANTIC FINISTERRES

18,90€

bty


ANTONIO RAÚL DE TORO SANTOS, JOSÉ MIGUEL ALONSO GIRÁLDEZ

Categoría: Poesia
  • Descripción

Autores: Antonio Raúl de Toro e José Miguel Alonso Giráldez
15 por 23 cm., con lapelas, 252 páxinas, fotografías interiores en cor.
PVP 18’90 EUROS
ISBN: 978-84-122253-5-8

Esta antoloxía naceu, nomeadamente, dalgunhas viaxes que realizamos ao sur e ao oeste de Irlanda, sobre todo na última década. O interese pola poesía irlandesa, sen dúbida unha das mellores do mundo, permitiunos atopar puntos de contacto coa poesía galega contemporánea, que tamén vive un momento álxido […]

A relación entre Irlanda e Galicia vén de lonxe, como é ben coñecido. Tan lonxe, polo menos, como o demostra a Canción de Amergin, e a Invocación a Irlanda, poemas fundacionais da cultura irlandesa, que explican dalgunha maneira a importancia das expedicións marítimas e dos primitivos contactos entre os pobos costeiros, a verdadeira orixe da civilización. Hai algo poderosamente emotivo no feito de que o primeiro contacto ente Galicia e Irlanda se base na lenda de Amergin, na viaxe do druída, guerreiro e poeta dos milesios, partindo desde o que hoxe son as costas da Coruña, até a baía de Waterville, en Kerry, onde se presume que chegou Amergin para iniciar a invasión de Irlanda.

 

Sobre nós

 

Contacte con nós


881 300 782

Rúa Menéndez Pidal 4 baixo 15007 A Coruña

info@meduliaeditorial.es

Información 

Aviso legal 

Política de privacidade

Medulia Editorial
Empregamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario na nosa web. Se segues utilizando este sitio asumiremos que estás de acordo.Vale