Título: MAGNOLIA PUNK
Subtítulo: E OUTRAS ARRITMIAS
Autora: COSTAS OTERO, ANDREIA
Medulia Editorial S.L.
ISBN: 978-84-19438-30-0
Formato: Rústica
Detalle Formato: Con ilustracións orixinais da autora
Características: Alto: 200 mm. Ancho: 200 mm. Groso: 75 mm. Peso: 200 gr.
Núm. páxinas: 92
Colección: POESIA
Número: 81
Idioma de publicación: Galego
Número de edición: 1
Data de edición: 08/03/2023
Tipo de edición: Edición ilustrada
Prezo: 14,90 euros
Prezo sen IVE: 14,33 EUR IVA: 4,0
Resumo: Magnolia punk e outras arrítmias é un poemario inconformista dividido en dúas partes: latexo bradiarrítmico, vagaroso, reflexivo e o latexo taquiarrítmo, de aceleradas estrofas e metáforas visuais.
O nexo destes poemas son historias de emocións marcadas por diferentes culturas en fricción social permanente contra as forzas e convencionalismos: o post-colonialismo e as vagas de migración, a contaminación medioambiental, a xestión política social, o peso da educación patriarcal, os roles de xénero no amor e o poder do algoritmo dixital para a manipulación do colectivo. Pero tamén é un calidoscopio persoal para atopar respostas á procura dunha harmonía solidaria na natureza humana.
O poemario non olla para o outro lado da violencia, da sombra que acelera o ritmo cardíaco ou se detén ante a imposibilidade de parar guerras, miserias e inxustizas; Magnolia punk e outras arrítmias opta por limpar os lentes para achar felicidade no miúdo, no próximo e na poesía da vida. É un reflectir poético da mestura híbrida que somos á procura dun mundo lírico, delicado coma as pétalas da magnolia.