SERAOGNA
Subtitulo si existe
Texto a resaltar
“Seraogna está antes do pensamento, nunha virxinidade nada inocente que comparte con Iqbal… Hai unha duplicidade incrible en Seraogna: a de verse desde fóra e desde dentro simultaneamente (…) Trata sobre o erotismo e o amor cotián que se entrelazan coa natureza, e que descobren as formas compartidas do corpo humano cos elementos: aire, auga, herba, lume, tempo. A perspectiva deixa de ser masculina e ábrese á infancia… O feminino tamén está presente…”
(Paula Domínguez).
* * *
Últimas novidades
Premio Poesía Eduardo Pondal 2024
ASFIXIA
14,90 € IVE Incluído
Coleccións literarias
Sobre nós
MEDULIA é unha editorial privada e independente ubicada no barrio coruñés dos Mallos que pretende, como obxectivo primordial, a promoción, difusión e dignificación da cultura galega en diálogo co resto de culturas peninsulares e universais. Así, ten chegado a acordos coa Universidade de Veracruz (México), coa Fundación Pablo Neruda (Chile), Fundación Gabriel García Márquez (Colombia) ou con edicións Gallimard (París); estando, asemade, presente nas principais Feiras Nacionais (Culturgal) e Internacionais do Libro (Frankfurt, Guadalajara -México-, Italia). Tendo traducido ó galego a Dylan Thomas, Rilke, Jacques Prévert, Oscar Wilde, Joan Margarit, Madeleine de Souvré etc…
MEDULIA ofrece unha asistencia integral, tanto literaria como xurídica, a calquera autor/a que nos confíe os seus manuscritos desde o momento da entrega ata a publicación. E despois de publicados, continuamos apoiando o seu desenvolvemento e promoción para dotar a cada obra da maior visibilidade e transcendencia posibles.
Medulia edita todo tipo de obras sen crear coleccións específicas para cada xénero. No seu catálogo figuran libros de poesía, narrativa, teatro, ensaio e literatura xuvenil. Desde o 2019 Medulia convoca e financia o Premio de Poesía Eduardo Pondal fomentando o descubrimento de novos valores e consolidando outros, como Manuel Vázquez, Andrea F. Maneiro, Manuel López Rodríguez, Xosé de Cea ou Mª Carmen Gorgal.
O nome, MEDULIA, ten diversas connotacións. A primeira de Resistencia Activa, en defensa do propio pero respectando e valorando o alleo. Alude tamén ao monte Medulio, pero feminizándoo, co cal amosamos unha evidente toma de postura conceptual e ideolóxica. E, por afinidade fonética, médula, isto é, centro, nó, esencia…, unha proposta de compromiso e coherencia co noso País e con nós mesmos.
Onde estamos
Dirección
Rúa Menéndez Pidal 4 Baixo
15007 A Coruña
+34 881.300.782