Figueroa Panisse, Adela

Biografía

Adela Figueroa Panisse naceu en Lugo (Galiza), onde reside actualmente, despois de vivir 26 anos en Pontevedra. É creadora de versos, observadora do mundo e coidadora das amizades. Activista ecolóxica e defensora da creatividade na palabra, é catedrática de Bioloxía e loita pola dignidade de Galiza, a súa lingua e cultura, buscando reintegrala no espazo internacional da lusofonía. A solidariedade entre seres humanos e a reconciliación coa Terra son parte fundamental da súa actividade, que tamén inclúe o ecologismo e o feminismo. Forma parte de ADEGA desde a súa fundación.

Na súa faceta literaria, escribe poesía feminista, de compromiso ambiental e social, de amor e erótica. Tamén se dedica á narrativa, literatura infantil e xuvenil, contos de mulleres, populares, humorísticos, e tamén de terror e misterio. A súa obra inclúe tamén romances e novelas.

Adela goza de viaxar e coñecer novas persoas e culturas, realizando turismo interior e aprendendo da diversidade ambiental e cultural do planeta. Conta con varios premios literarios en poesía, narrativa e teatro, e participa activamente en colectivos poéticos, como Xistral de Lugo, así como outros de Galicia, Portugal e Brasil, onde publica poesía e comparte recitais e amizades.

Libros editados

11,90  IVE Incluído

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.