Ana Barral

Biografía

Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce como profesora de Lingua Galega e Literatura no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, en Lugo. Colaborou en revistas como Revista Cultural das Mariñas, A Xanela, OLGA. Revista Galega de Poesía en Madrid e Galicia Digital. Ademais, participou no I Festival de Poesía Guitirica cun traballo sobre Xela Arias, publicado en Galicia Digital.

En 2020 publicou o seu primeiro poemario, Versos do desasosego (Toxosoutos), que foi posteriormente incluído por Román Raña na antoloxía Poesía das diversidades (os poemarios que lemos en 2020), editada por Chan da Pólvora en 2024. Tamén elaborou a escolma poética Poemas nunha hora (2023), preparada para a conmemoración do 8M no seu instituto e recollida na Biblioteca Virtual de Galicia Dixital.

Libros editados

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.