Andrea F. Maneiro (Carril, 1964) é locutora radiofónica e desenvolveu a súa carreira en medios como Radio Arosa, Radio Galicia (Cadena SER), Radio Salnés e Radio Galega. Recibiu premios polo seu labor xornalístico e fotográfico, así como polos seus textos literarios, entre eles o V Premio Torre de Caldaloba e o Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. Ten publicados os poemarios Migratoria (2020), Edénicas (2022) e Contra–tempos (2022).