Ángela Gavilán (Río de Janeiro, 1959) reside actualmente en Aranda de Duero. Formouse desde nova no estudo profesional de pintura e fotografía dos seus pais, o que marcou o seu camiño artístico. Dende 1986 expón obra gráfica en Mostras Internacionais e Galerías de Arte.
É autora dos libros de poesía Manzana Azul (2010), Ana y la paloma (2014), e coordinadora da triloxía Cuaderno de Viaje: Aranda (2013), Ribera (2015) e Librélulas (2017).
Dirixe obradoiros de pintura e fotografía na A.C.P.A. Conde de Aranda e en diversos centros educativos. Fundadora da libraría TODO LIBRO e do grupo artístico ARA, tamén traballa como ilustradora para diversas entidades culturais como A.C. La Tanguilla. As súas ilustracións apareceron en publicacións como Revista Biblioteca 27, O Pitiño revolucionario, Baixo o signo de Eros, Piel de espera y lluvia, Quinto movimiento ou na ruta literaria La virgen de los huesos.
Máis información sobre a súa obra pode atoparse en: angelagavilan.com
meduliaeditorial.es by 15114.net © 2025 – Tódolos dereitos reservados