Antón Cando

Antón Cando                             

Reside en Barreiros (Lugo), nasce no Candín, concello da Valeira, (O Cádavo) provinza de Lugo; no seo dunha familia de labregos; empapándose do modus vivendi do campo.

No ano  1999 funda e edita o xornal-mensuario a Muralla, con distribución na mariña luguesa; e no 2003 o seu homónimo Don Anuncio, con distribución na provinza de Lugo, e nas capitais de Santiago de Compostela, Ourense, e Vigo. Tamén é o fundador do plan solidario “Hortas Responsables” e cofundador do proxecto ecolóxico, “Pro Quercus Árbore Viva,” adicado ó apadriñamento de autóctonas de interese. Creador do PSPTC Plan Silvícola de Prevención de Troco Climático, e de diversos enventos: Eco-can, Ecoxenerador…

As súas obras publicadas son: “Sombras amargas e ondas de luz e ouro,” (Poesía romántica) “MS-DOS e Windows 95 en galego,” (manuais de informática) “O Riterrite,” (poesía humorística) “Un emigrante hecho a sí mismo,” (emigración europea biográfica) “Ó Son da Terra” (Poemario e narración curta) “Nosotros vivimos con el cáncer,” (narración psico-oncolóxica.) “La mirada del dinero” (tratado de economía e finanzas).

Las Bragas de Yulí” (novela da violencia de xénero.) “Receitas Labregas” (cociña enxebre, e datos etnográficos do proceso culinario rural.) “Manoliño Cuadrado de Camporredondo,” (conto infantil.) Galicia oro verde sin explotar” (ensaio de emprendemento e economía) “Dous paporrubios Pirlando” (poemario en acrósticos) “Rôta dos Boieiros río Eo Valeira-Benavente” (investigación decimonónica de Valeira e da devandita rôta)Entre nós e o Eo” (poemario en acrósticos en lingua oriental, Entre nosoutros llô Eo).

 

Libros editados

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.