Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1990).
Socio fundador da Asociación Cultural Barbantia, coordinou durante cinco anos (2005-2009) a sección A Historia do seu suplemento cultural A Voz de Barbantia (La Voz de Galicia). Foi tamén promotor e coordinador (2003-2006) dos Cadernos Culturais do Concello de Boiro.
Últimas publicacións:
Gassetismo, eleccións e caciquismo no distrito electoral de Noia durante a Restauración Borbónica (1896-1923) (2016).
Do Barraña Sporting ao CD Boiro (1922-1967). Historia do primeiro medio século de fútbol en Boiro (2017).
A Segunda República en Boiro (1931-1936). Entre o caciquismo inmobilista e a mobilización socio política da xente do común (2022).
Das pioneiras ás primeiras federadas. Unha historia social do deporte feminino en Boiro (2024).