Vázquez Tierra, Antonio

Biografía

Antonio Vázquez Tierra naceu en Distriz, Monforte de Lemos, en 1960. É diplomado en Maxisterio, aínda que non exerceu como docente, desenvolvendo a súa traxectoria profesional no ámbito da sanidade pública.

O seu contacto coa cultura galega comezou a través da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Barakaldo, no País Vasco, onde tamén colaborou en diversas revistas culturais. Así mesmo, participou con artigos en publicacións galegas, exercendo de xeito esporádico como crítico musical.

Como poeta, conta con tres libros publicados: O fume das cinsas, Inventario esquencido da existencia e Rente ó mar, aos que se engaden varios manuscritos inéditos.

Libros editados

14,90  IVE Incluído

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.