Muiños, Anxo

Biografía

Anxo Gómez Figueira, máis coñecido literariamente como Anxo Muíños, naceu en 1966 en Taragoña, Rianxo. Comezou a escribir poesía aos doce anos e, durante os anos 90, combinou o seu traballo no mar co activismo en grupos ecoloxistas. A súa produción inicial incluíu poesía para fanzines naturalistas e ensaios sobre etnografía marítima. En 2015, publicou o poemario Ulín, inspirado no conflito do Ulster, tras unha estancia en Belfast. Este libro foi editado en edición bilingüe pola editorial cántabra Septentrión Ediciones.

A súa traxectoria literaria ampliouse coa publicación de O alén dos barqueiros en 2018 pola Editorial Fanes, obra que inicia unha saga continuada por Xinque! en 2021, editada por Toxosoutos. Esta segunda entrega, escrita en colaboración coa súa filla Elia Gómez, explora os movementos ideolóxicos dos anos 60 a través da protagonista Fanes. En 2022, a Editorial Fanes publicou Más Allá de Ulises, ampliación da primeira novela da saga.

Libros editados

11,90  IVE Incluído

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.