Bartolomé Ferrer (Orihuela, Alicante, 1954) é un viaxeiro impenitente e curioso. Estudou Bacharelato nos anos 60 e máis tarde diplomouse en contabilidade e cálculo nos 70. Traballou como empregado de banca e xubilouse como Técnico de Calidade nunha multinacional. Aficionado á Xeografía, Historia e Fotografía, tamén é un gran amante da Arquitectura e as Belas Artes. Está profundamente namorado de Pontevedra e das súas xentes.