Begoña Martín Acero nacida en Oviedo en 1957, pasou parte da súa infancia e adolescencia en Boal, no Occidente asturiano. Tras estudar Filoloxía hispánica e galego-portuguesa en Oviedo e Santiago de Compostela, exerceu como profesora de lingua e literatura galega. Actualmente reside en Cabanas (A Coruña), sen esquecer as súas raíces “arraianas”. Entre as súas publicacións destacan Termodonte e outros relatos (Baía Edicións, 2002), Técnicas de expresión escrita (coautora, Baía Edicións, 2002) e Mar de cores (coautora, 2004).