Brenda Mondelo naceu o 17 de decembro de 1994 no Seixo (Pedrafita do Cebreiro). Estudou no CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel ata os seis anos, sendo nesta etapa cando, á par que comezaba a ler, comezaba a xermolar nela a curiosidade pola literatura, especialmente pola biblioteca da escola e as lecturas que a súa nai gardaba con moito coidado na parte superior do armario. Esta conexión coa lectura e coa súa contorna e familia foise profundando e cimentando ao longo da súa vida.
No 2001 trasladouse a Lugo para vivir cos seus avós, onde completou os seus estudos até finalizar bacharelato. A partir dos 17 anos, foi cando se trasladou a Madrid para comezar a súa formación universitaria en xornalismo e ciencia política, completando os seus estudos na capital. Durante estes anos, a necesidade de escribir sobre a súa orixe e as persoas que formaron parte do seu mundo non a deixou de acompañar. A través da poesía, Brenda loitou por recuperar esa conexión co seu pasado e co seu mundo interior. A súa obra reflexa ese proceso de busca e reconexión co que sente que nunca se debe perder, mesmo cando se sente afastada das súas orixes. A poesía foi a súa fiel compañeira durante este camiño.
meduliaeditorial.es by 15114.net © 2025 – Tódolos dereitos reservados