Torreiro Caridad, Carmen

Biografía

Carmen Torreiro Caridad (Perillo, 1950) é mestra, artista plástica e escritora. Desenvolveu a súa carreira docente en Salamanca, Zamora e A Coruña, e foi profesora de Lingua e Cultura Española en Besançon, Lille e París. Pintora, gravadora e ceramista, conta cunha ampla traxectoria expositiva tanto en Francia como en España, con obra presente en diversas coleccións institucionais de ambos países.

Desde sempre vinculada á creación, tamén cultivou o teatro e o canto. Como escritora, colaborou en revistas e publicacións colectivas, mais é co seu primeiro poemario —un proxecto artístico que integra literatura e arte plástica— cando dá forma a unha proposta íntima e profunda arredor da enfermidade mental e a visión da morte. Esta obra está dedicada ao seu fillo Siegfried, finado o 1 de marzo de 2019.

Libros editados

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.