García, Carmina

Biografía

Carmina García naceu en Ávila no ano 1956. Bailarina de tango e actriz, trasládase á Coruña en 1981 e ingresa na Escola Dramática Galega, onde participa en diversas obras teatrais dirixidas por Manuel Lourenzo, Agustín Vega e Miguel Pérez Romero.

Posteriormente comeza a súa traxectoria como actriz de dobraxe, en publicidade, en series da TVG e en filmes de cine como La Atlántida, Sara, De bares, Catalina, Abrígate, La mujer invisible, Mia Sara, La piel que habito, Un buen hombre, Rafael ou El concursante.

Como bailarina de tango formouse en Bos Aires, Sevilla e A Coruña, formando parella artística con Enrique Saavedra. Xuntos participaron en programas da TVG como Como Galegos e Quen anda aí.

Actuou en numerosos escenarios galegos, entre eles o Teatro Principal de Ourense e, na Coruña, o Teatro Colón, o Teatro Rosalía de Castro, o Ágora, o Fórum Metropolitano e o Palacio da Ópera.

Iníciase na literatura con este libro de relatos, co que dá o seu primeiro paso como narradora.

Libros editados

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.