Conti, Carolina

Biografía

Carolina Conti (A Coruña, 1975) creceu en Barcelona e desenvolveu a súa carreira profesional como fotógrafa e profesora de fotografía. Actualmente, imparte talleres de arteterapia e acompaña procesos de desenvolvemento persoal e profesional a través do arte interdisciplinar e ferramentas da filosofía budista.

É estudante e practicante do linaxe Ripa, dentro da tradición Vajrayāna do budismo tibetano, desde hai 21 anos.

A súa primeira publicación foi na antoloxía La desconocida que soy, composta por diarios íntimos de mulleres de Latinoamérica e España, publicada pola editorial Índigo editoras. Este libro de poemas é a súa primeira obra en solitario.

Libros editados

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.