Celia Díaz Núñez (O Páramo, 1961) é escritora e profesora, con ampla traxectoria docente en Ourense, tanto no ensino secundario como universitario. Autora de narrativa para adultos e público xuvenil, publicou obras como Unha verdade amarga, As faces do diamante, Corte e confección, Adeliña, A boca do monte e Rugando. No eido do teatro infantil destacan títulos como Unha estrela para Amina ou O castelo de Pena Redonda. Obtivo premios como o Pura e Dora Vázquez (2003, 2012), o Facho (2016, 2019) e o Barriga Verde (2004). Tamén é autora do ensaio Voces na terra e do libro de pasatempos Restra de letras.
Máis información en: celiadiaz.gal.
meduliaeditorial.es by 15114.net © 2025 – Tódolos dereitos reservados