César Cunqueiro González-Seco naceu en Mondoñedo (Lugo) o 7 de setembro de 1941. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como notario en Pontevedra e Vigo. Como escritor, cultivou a narrativa en galego con obras como Beatum Corpus e A morte de Nancy Reagan, e a poesía en castelán con títulos como Tmesis, Poemas de la aceptación, No Eurídice de nuevo e La muerte del fauno. Edita o Boletín Literario Mindoniense e os cadernos Materiales para la comparación lingüística.