Gómez Mariño, Daniel

Biografía

Daniel Gómez Mariño naceu en Ordes no ano 1991. Realizou a súa formación primaria no Colexio Campomaior, situado na súa localidade natal, e completou a súa educación secundaria no IES Maruxa Mallo, continuando posteriormente co Bacharelato no IES nº1 de Ordes.

Cursou a titulación de Técnico Superior en Sistemas Informáticos e Redes na cidade de Santiago de Compostela. A súa paixón pola natureza, os animais e as tradicións galegas foron sempre partes fundamentais da súa vida, pois medrou rodeado de libros, o que avivou o seu amor pola lectura e a escritura. Desde pequeno, sentiu unha gran fortuna cada vez que alguén lle agasallaba un libro, o que fixo que se adentrase no mundo das letras.

A súa vocación literaria naceu de maneira natural, influenciado pola súa curiosidade e polo amor ás palabras, e continúa cultivando a súa paixón por compartir historias e relatos.

Libros editados

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.