Diego Ares, nado en A Coruña en 1977, é licenciado en Dereito pola Universidade Complutense, onde tamén se iniciou na literatura, publicando os seus relatos Johnny o irlandés e Na treboada na revista Madrygal de estudos galegos. Tras vivir máis dunha década en Madrid, trasladouse ao Reino Unido, onde residiu cinco anos preto de Londres.
En 2018, Ares asentouse en Irlanda, onde segue vivindo, agora preto da cidade de Cork. A súa traxectoria literaria está marcada polo seu vínculo coa súa terra galega e as súas experiencias no estranxeiro, sempre coas influencias culturais e sociais que marcou a súa estancia en diferentes países.