Cousillas Novo, Diego

Biografía

Diego Cousillas Novo (Malpica, 1980) é profesor de Lingua e Literatura Galega na ensinanza secundaria. Iniciouse no ámbito literario coa obra Faltas de ortografía, gañadora do IX Premio de Poesía Johan Carballeira do Concello de Bueu no ano 2005 e publicada por Espiral Maior en 2008. En 2022, publicou Expurgación (Editorial Caldeirón), un poemario que amplía a súa proposta poética incorporando a imaxe como medio de expresión, explorando a fotografía desde unha óptica persoal e intimista.

Libros editados

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.