Esteban Sanesteban Beceiro (Ferrol, 1990) é médico e neurólogo, e estreouse como poeta coa obra gañadora do Concurso de Poesía O Facho 2024.
Licenciouse en Medicina na Universidade Autónoma de Barcelona, onde tamén iniciou a súa escrita poética en lingua galega. Realizou o doutoramento na Universidade de Heidelberg (Alemaña) e especializouse en Neuroloxía no Hospital Clínico San Carlos de Madrid, cidade na que vive e exerce actualmente.