Romero Lorenzo, Felín

Biografía

Felín Romero Lorenzo naceu en Mosende (O Porriño) no ano 1971. Diplomado en Graduado Social pola Universidade de Vigo e adestrador nacional de fútbol, traballa como contable no sector da automoción.

Iniciouse na escrita no ano 1996 coa súa participación no libro colectivo Baldío, publicado pola Asociación Cultural do Louro. Activista veciñal e membro de distintas asociacións da súa parroquia, defende con firmeza que o futuro das aldeas pasa pola organización colectiva para garantir servizos básicos. Forma parte tamén da Comunidade de Montes.

Persoa fondamente vencellada á terra, confesa a súa fascinación polos ollos das vacas e pola arte de coller troitas con culleriñas de cores que semellan estrelas, para logo devolvelas ao río. Chégalle co monte e un setter para ser feliz.

Vive —e desexa morrer— en Mosende, dende onde percorre vales e serras do mundo, sempre á procura de arceas e utopías.

Libros editados

17,90  IVE Incluído

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.