Francisco García Novio, nacido na aldea de Santa María de Marrozos preto de Santiago, home, marido, pai, avó e médico urólogo, despois da publicación, hai un ano, da novela “Os madrileños non sempre veñen en agosto”, decídese agora por un libro de relatos curtos, baixo o título xeral de “A voz do mosquito” correspondente a un deles, nos que reflicte máis que feitos, que tamén hai, sentimentos, polo que cada lector ha de matizalos poñendo os seus propios sentires.