Fuco Paz Souto naceu en Muíño Monelos, A Coruña, no ano 1955. A súa primeira obra foi publicada no ano 2008, titulada Cachiños do meu cerne, unha obra de narrativa publicada pola Editorial Toxosoutos.
O seu poema O illote dos soños foi galardoado co XIII Premio de Poesía “Rita Suárez Amado” no ano 2018, na categoría de adultos.
En 2020, publicou o seu primeiro poemario, Versos que recenden a mar, coa Editorial Medulia, e en 2022 deu a coñecer o seu segundo poemario, Le déjeuner des canotiers (O xantar dos remeiros), tamén publicado por Editorial Toxosoutos.
Participou en varias obras colectivas, achegando os seus poemas, como Erotismo Poético (2018) e Poetas nocturnos (2024), ambas publicadas por Editorial Diversidad Literaria. No ano 2024, participou tamén nun proxecto bilingüe (inglés-galego) na loa de Sir John Moore, co seu poema Lowlander, publicado por MEDULIA editorial.
En 2024, publicou a súa obra narrativa Na República da Cascarilla, tamén coa Editorial Medulia.
meduliaeditorial.es by 15114.net © 2025 – Tódolos dereitos reservados