Gabriel García Márquez naceu o 6 de marzo de 1927 en Aracataca (Colombia). É o narrador máis representativo do “realismo máxico” hispanoamericano. Escribiu libros como La hojarasca (1955), El coronel no tiene quien le escriba (1957), La mala hora (1961), e ademais coleccións de relatos como Los funerales de la Mamá Grande (1962), guións cinematográficos e unha considerable obra xornalística. A súa novela Cien años de soledad (1967) déixeoo recoñecido universalmente. No 1975 publica El otoño del patriarca, e tamén anuncia a súa decisión de abandonar a narrativa, pero seis anos despois sorprende coa publicación de Crónica de una muerte anunciada (1981).
En 1982 recibe o Premio Nobel de Literatura. Outras das súas obras destacadas son El amor en los tiempos del cólera (1985), El general en su laberinto (1989), Doce cuentos peregrinos (1992), Del amor y otros demonios (1994), Noticia de un secuestro (1996), Vivir para contarla (2002), e os seus últimos libros, Memoria de mis putas tristes (2004) e Yo no vengo a decir un discurso (2010). Finou o 17 de abril de 2014 en México D. F.
meduliaeditorial.es by 15114.net © 2025 – Tódolos dereitos reservados