Nacida en Mataró (Barcelona) en 1976. Diplomada en Xestión e Administración Pública, traballa na Generalitat de Catalunya hai 19 anos. De ascendencia materna galega, orixinaria do concello de Sada, segue moi unida á terra e a lingua da súa nai mesmo desde a distancia xeográfica, cun forte vencello emocional. En Barcelona forma parte da Agrupación Teatral Furafollas. Grazas a eles descubriu a figura do poeta Florencio Delgado Gurriarán, exiliado da II República Española en México. Seguindo a súa pegada, nese país contactou con descendentes de exiliados republicanos e naceu nela o desexo de contar a súa historia a través desta novela, así como tamén a historia da cidade mexicana de Veracruz, a porta de entrada a México por mar desde o século XVI. Unha cidade na que tamén ela, cada vez que vai, séntese como en casa.