Javier Guitián

Javier Guitián é catedrático de botánica da Universidade de Santiago, agora xubilado, a que se incorporou en 1990 procedente da Universidade de Oviedo. É autor de máis dun centenar de publicacións científicas e libros sobre bioloxía de plantas. Boa parte da súa traxectoria está vinculada ao Courel, onde realizou a súa tese de doutoramento e foi promotor e director da Estación Científica da USC alí situada.  Da súa amizade con Uxío Novoneyra xurdiu o pequeno libro “A Flora dos Eidos” (Ezaro Ed. 2014) que percorre a riqueza vexetal da Serra do Courel a través da obra poética e o coñecemento naturalista do escritor galego.

Como divulgador publicou distintas guías de espazos naturais (O Courel, A Ribeira Sacra, Fragas do Eume), artigos en diferentes revistas de natureza e leva máis de 20 anos colaborando con La Voz de Galicia, na súa columna “En Ocasiones veo Grelos” sobre diferentes temas.

 

Libros editados

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.