José Carou Rey é profesor de Filosofía no IES Espiñeira de Boiro. Autor das novelas Desvelando a Ademar Escambia e O bebedizo de Lúa, participou tamén con relatos e poemas en diversas edicións colectivas.
Ao longo da súa traxectoria literaria recibiu numerosos galardóns, entre eles os premios Avilés de Taramancos (2019), Modesto Rodríguez Figueiredo (2018), Os Viadutos (2000), Faustino Rey Romero (1999, ex aequo con Enma Pedreira), Francisco Fernández del Riego (1996) e os certames do Concello de Rianxo en narrativa (1995, 1996) e poesía (1997). Tamén obtivo accésits no Villa de Navia e na Semana Negra de Xixón, e un terceiro premio no Lueiro Rei (1997).
Ademais, desenvolveu unha notable actividade como crítico de cinema, colaborando con medios como Sermos Galiza, Cinemadicción, Diario de Arousa, El Correo Gallego e Barbantia (La Voz de Galicia).
meduliaeditorial.es by 15114.net © 2025 – Tódolos dereitos reservados