José G. Barral Sánchez (Vigo,1959) cursou Filosofía e Ciencias da Educación na universidade compostelá, incorporouse á docencia e publicou artigos e estudos relacionados co mundo do ensino. Xa na madurez publica en 2008 o seu primeiro libro Por catro perras, guía de tascas e tabernas de Vigo. Tres anos despois saca á luz a novela, Último peaje, unha obra que cabalga entre o Santiago estudantil dos anos setenta e a cidade de Vigo no comezo do presente século. En 2021 recibe o Premio de novela Camiño de Santiago polo libro Cruzados polo camiño, unha obra que transcorre pola ruta xacobea ao fío da visita do papa Ratzinger a Compostela.