José Luis Outes Ruso naceu en Santiago de Compostela no ano 1943. É catedrático xubilado de Economía da Universidade de Vigo. Formouse e doutorouse en Economía en Alemaña, desenvolvendo unha destacada traxectoria académica que inclúe a publicación de numerosos artigos e libros especializados.
Foi director do Observatorio Socioeconómico de Vigo (OSEVA) durante trece anos, dende a súa creación ata a súa desaparición no ano 2009. Viajero incansable, amosa unha fonda preocupación polo desenvolvemento económico e social dos países empobrecidos, sendo un firme defensor tanto do seu progreso como da preservación das súas culturas ancestrais.
Alén da súa carreira como economista, cultiva a escrita creativa. No ano 2005 foi recoñecido cun accésit polo seu conto La calle es de ellas no IV Certamen Internacional de Relatos Cortos organizado polo Colectivo Les Filanderes de Langreo (Asturias). No ano 2023 verá a luz o seu primeiro libro de poemas, Las Cenizas del Tiempo, publicado pola editorial Atrapasueños.
meduliaeditorial.es by 15114.net © 2025 – Tódolos dereitos reservados