Juan Carballo é un poeta galego que flutúa entre o mundo literario e musical. Ademais de publicar poemarios e discos, realiza concertos e recitais. Posúe unha voz propia e unha traxectoria con oito publicacións e doce xiras nos últimos vinte anos na Galiza e Portugal.
Aínda que de raíces galegas, nace en Basauri (Bilbao, Euskadi) en 1981. Ós 9 anos múdase para Vilagarcía de Arousa (Pontevedra, Galiza) onde medra e vive.