Lino Braxe (Mugardos, 18 de xuño de 1962 – A Coruña, 25 de decembro de 2020) foi un actor, director de teatro e escritor galego. Iniciou a súa carreira no teatro profesional en 1985 coa Compañía Luís Seoane e participou en numerosas producións da Escola Dramática Galega, o Centro Dramático Galego e outras compañías. Traballou tamén como actor de dobraxe e en radio, sendo locutor en RNE durante dez anos, período no que adaptou para a radio a obra dramática completa de Álvaro Cunqueiro e Eduardo Blanco Amor. Foi un dos fundadores da revista Luzes de Galiza e dirixiu o grupo de teatro da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda ata o seu falecemento.