Romero Mengotti, Manuel

Biografía

Manuel Romero Mengotti naceu en Santiago de Compostela. Mestre nacional e licenciado en Pedagoxía, dedicou cincuenta anos da súa vida á docencia, exercendo en centros públicos e privados de Oviedo, Vigo, Santiago e A Coruña.

Ao longo da súa carreira, colaborou en numerosas revistas educativas e mantivo durante cinco anos unha columna semanal no suplemento Educación 2002 do xornal El Ideal Gallego. Foi cofundador e primeiro director do Colexio Obradoiro da Coruña.

Integrante do equipo AGROMAR da editorial Anaya, participou na elaboración dos primeiros libros de texto para a ensinanza do galego na E.X.B. Ocupou tamén o cargo de decano do Colexio de Doutores e Licenciados en Filosofía e Letras e en Ciencias de Galicia.

No ámbito literario, é autor da novela documental histórica El Defensor.

Libros editados

19,90  IVE Incluído

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.