Manuel Teira é un artista vinculado dende moi novo ás vangardas artísticas e a proxectos creativos, desenvolvendo unha longa e activa carreira cultural desde a década dos 70. Como poeta, foi colaborador na revista universitaria Dorna e autor do poemario Detido nos confíns (2000). Participou en diversas obras colectivas, como Por Man Propia, Voces na Materia, A Cor dos Soños e Luces na Cidade. Tamén destacou como ilustrador na tradución ao galego de Iluminacions e Unha tempada no Inferno, de Arthur Rimbaud, realizada por Manuel Cartea.
Ademais da súa faceta literaria, Teira é pintor e escultor, con numerosas exposicións individuais e colectivas ao longo da súa carreira. Tamén traballou como articulista para A Voz de Galicia. A súa obra abrangue unha ampla variedade de disciplinas, consolidándose como unha figura relevante no ámbito cultural galego.
meduliaeditorial.es by 15114.net © 2025 – Tódolos dereitos reservados