Mar Ferreiro Rozas, nada no sanatorio Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo), no día de Nadal do ano 1973, é oriunda de San Adriano de Lourenzá.
Con formación xurídica, dende ben pequena sempre se identificou coas letras. En 2023 publicou o seu poemario en prosa, Llegarás (entretanto es tiempo de vivir y/o malvivir), que ven a reflexar sentimentos e emocións derivados da enfermidade e da morte, as cales afectan a toda persoa.
No outono de 2025, participou no certame de poesia Lugopoética, un ciclo de encontros literarios en galego, con poetas da provincia.