Marco García Vaquero

Biografía

Marco García Vaquero naceu na Coruña en 1982, pero criouse en Monterroso, lugar co que mantén un forte vínculo emocional. Estudou Veterinaria en Lugo e desenvolveu parte da súa carreira profesional en Santiago de Compostela, participando activamente no panorama cultural destas cidades e do seu pobo natal, colaborando con colectivos como Falcatrueiros e o Instituto de Estudos Ulloáns. No ano 2013 emigrou a Irlanda, onde reside actualmente e traballa como profesor de ciencia dos alimentos na University College Dublin.

A súa obra poética mestura o apego á terra, a natureza e a cultura popular —mitos, lendas e contos da aldea— cunha fonda nostalxia pola infancia e polas raíces. Cun estilo costumista e unha voz literaria moi persoal, Marco García Vaquero ofrece unha mirada contemporánea sobre o mundo rural galego. Continua a súa formación en escrita creativa tanto en Irlanda como en Galicia, e publicou o seu primeiro libro baixo o título Ulla, Ulloa, Ulloáns.

Libros editados

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.