Marga Cancela Negreira naceu en Ordoeste, A Baña (A Coruña). Residiu varios anos en Londres e París, onde compaxinou traballo e estudos. É diplomada en Comercio Internacional en Cambridge e licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade Complutense de Madrid. Na actualidade é catedrática de Inglés e exerce como profesora en Madrid, ámbito no que tamén conta con diversas publicacións especializadas.
Como narradora, foi primeira finalista do Premio Internacional de Narrativa Ciudad de Torremolinos 2016 coa novela Sapos de otro pozo, centrada na emigración, o mundo rural e a loita por romper co establecido. Os seus relatos foron incluídos en máis dunha quincena de antoloxías, algúns deles premiados. Participou no volume colectivo Esas que también soy yo (Ménades, 2019) e colabora con medios como a revista dixital El Asombrario e Carta Local, boletín da Federación Española de Municipios e Provincias. É membro de AMEIS (Asociación de Mujeres Escritoras e Ilustradoras).
meduliaeditorial.es by 15114.net © 2025 – Tódolos dereitos reservados