Álvares Landesa, María

Biografía

María Álvares Landesa é profesora de Ensino Secundario nas especialidades de Francés e Lingua Castelá e Literatura. Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, compaxina a súa paixón pola docencia coa escrita, sempre guiada polo seu amor polos libros, a natureza e, especialmente, o mar, no que se mergulla durante todo o ano.

Froito desa relación coa paisaxe mariña e co mundo interior nace Como duas crebas, o seu primeiro poemario. Nel, a autora ofrece unha voz feminina e sensual que explora a emoción do encontro amoroso e a ferida da perda, cunha poesía delicada e intensa, onde o erotismo contido convive cunha expresión sincera e desbordada dos sentimentos máis profundos. O mar e o amor converxen así como eixos fundamentais da súa obra.

 

Libros editados

11,90  IVE Incluído

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.