Lestón Mayo, Mª Aurora

Biografía

Mª Aurora Lestón Mayo naceu na ría de Muros e Noia, aos pés da Pedra do Cadro, lugar lendario desde onde —disque— se vían as torres da catedral de Santiago ata que un raio partiu a pedra ao medio. Dende pequena, cultivou unha imaxinación fértil, coa cabeza nas nubes e o nariz sempre metido nos libros.

Na súa mocidade trasladouse a Santiago de Compostela para continuar os seus estudos, onde descubriu o fascinante universo das bibliotecas e librarías. Daquelas horas vividas na Biblioteca Xeral e na Facultade de Filoloxía xurdiu un pensamento poboado de contos e referencias literarias, aínda que, segundo confesa, algo escaso de información práctica.

Na actualidade reside na mesma bisbarra compostelá. É facilmente recoñecible polo seu aire distraído e por non lembrar nomes, aínda que si coñece ao detalle a localización de todos os canzorros con forma de dragón que decoran a cidade de Santiago.

Libros editados

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.