Mª Fe Núñez Vázquez naceu en San Cosme, Melide. É unha lectora apaixonada de poesía e desenvolveu a súa carreira docente en diversas vilas e cidades de Galicia, residindo durante máis de vinte anos en Ourense. O seu recente regreso á aldea natal xunto aos seus pais levouna a afondar nas súas raíces e redescubrir a beleza da súa contorna.
Publicou diversos artigos en revistas de educación, aínda que foi nas redes sociais onde comezou a compartir a súa prosa poética nos últimos anos. Actualmente exerce como profesora de Lingua Galega e Literatura no IES de Melide.