Marta Yáñez Sanjurjo (Mawa) naceu en 1971 entre o Atlántico e o Cantábrico, cunha ollada sempre posta nas estrelas e a alma enraizada en A Penaoseira (Ortigueira). Escribe con espontaneidade e entrega, como quen ofrece unha semente ao vento, achegándose ás persoas sen filtros nin artificios.
Publicou o poemario Supersticións (Agoeiro, 2022) e colaborou con artigos de opinión en prensa local e revistas. O seu día a día transcorre entre a terra, as plantas, os animais e as palabras, sendo esa presenza discreta e constante, “a terceira que camiña sempre ao teu lado”, coa esperanza agachada no corazón.